O coñecemento nin se crea nin se destrúe só se comparte

Nesta continua desaprendizaxe, a nosa primeira viaxe escrita comeza polas 14 cousas obsoletas nas escolas do século XXI publicada pola Revista AZ. O punto número seis leva por título mestres que non comporten o que fan e nel se recolle que os mestres xa non traballan de forma local senón global. É o noso deber compartir o que facemos e ver o que outros fan. Se un mestre xa non aprende, entón non debería de estar a ensinar a outros.

No tempo do Conectivismo e as licenzas Creative Commons, as aulas deste século que xa vai polo ano 14, precisan dunha reformulación completa. A Neuroeducación alicerce do cambio presenta unha nova fotografía, onde a Orientación Educativa convértese nun elemento imprescindible para a calidade e a equidade dunha escola inclusiva.

É tempo de transformar os problemas en solucións creativas.

"A educación pode fomentarse de arriba cara abaixo, pero só pode mellorarse dende a base"




Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »