Tableta Viaxeira




Este curso no noso centro decidimos apostar pola versión 2.0 do tradicional caderno viaxeiro ou caderno de comunicación.

 



Esta experiencia é con alumnado con TEL pero válida para todas e todos, en especial aquelas ou aqueles que presentan dificultades na comunicación (discapacidade auditiva, motórica, intelectual, TXD, integración tardía, ...).

No noso caso contamos coa implicación e colaboración da familia á hora de mercar a tableta o que facilita e facilitará a intervención ao longo da escolaridade. O recurso para o centro está solicitado á Consellería de Educación dende outubro de 2014 e aínda se atopa en fase de tramitación.

Que empregamos?
  • Unha tableta (Android ou iOS). Neste caso Android por ser máis económica e con USB OTG.
  • Evernote. Versión gratuíta en Android e iOS.
Por que Evernote?
  • Inmediatez a través da cámara da tableta para facer fotografías e gravar video. Principal vantaxe desta versión 2.0.
  • Gravación de audio.
  • Incluír pdf, word, imaxes, ...
  • Texto; fundamental como elemento de unión. Posibilidade de escribir con teclado, a man alzada ou cun stylus pen.
  • Secuencia temporal en formato diario.
  • Comunicación bidireccional.
  • Multiplataforma.
  • Traballo na nube.

Na práctica?

Tanto na escola como na familia usamos a tableta partindo do centro de interese diario. Como un caderno viaxeiro ou de comunicación tradicional pero con extras.


Que viaxa na tableta?
  • Gravacións en video, audio e fotografía de momentos escolares (metodoloxía, actividades, proceso, progreso, ...) e familiares (actividades extraescolares, vacacións, visitas, excusións, celebracións, ...)
  • Orientacións en soporte dixital (pdf, words, páxinas web, apps, ...).
  • Horario con apoio de pictogramas.
  • Lecturas e cancións adaptadas.





Aporta
  • Feedback.
  • Colaboración e implicación.
  • Coñecemento mutuo.

Ter en conta
  • Hai que xestionar o nivel de ansiedade na familia. Feedback inmediato = aumento da esixencia e das expectativas. A prioridade debe ser a estabilidade e o benestar emocional do alumnado.
  • Medir os tempos. Control do proceso. Definir espazos. Escola e familia precísanse mutuamente.
  • A intervención só ten éxito cando TODO (familia, escola e os especialistas) funciona.



Descargar



Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »