Xogos en galego





DamXogo internacional de damas de 10 x 10. Permite diferentes opcións de xogo como: xogador contra xogador, computador contra xogador ou computador contra computador. Tamén podemos xogar partidas en liña contra outros contrincantes. Inclúe un completo manual de axuda en galego. Está traducido por mín dende hai uns 15 anos  http://hjetten.home.xs4all.nl/dameng.html 

Aba Daba: outra tradución dun xogo gratuito que fixera hai moitos anos. Aba Daba é unha versión moderna do xogo "5 en liña". O xogador compite contra o mesmo ordenador, que en quendas van colocando as súas fichas nas celas correspondentes ata xuntar cinco en sentido horizontal, vertical ou diagonal. O taboleiro de xogo admite ata cinco tamaños posibles, diferentes estilos da fiestra, oito apariencias distintas e tres niveis de dificultade. Admite música e sons.  http://www.astatix.com/abadaba.php

FlipFlopUn xogo similar ao Reversi con características adicionais: Poden xogar simultáneamente ata 4 persoas e un estudio das características permítenvos manexar distintas calidades. Web do xogo: http://www.luziusschneider.com/Engindex.html  Aquí tés o link directo ao plugin que traduce FlipFlop ao galego

O misterio das 7 pezashttp://www.culturagalega.org/especiais/misterio/index.htm  Argumento do xogo: "Compostela 2005. Sete pezas básicas de Santiago desaparecen misteriosamente. Como consecuencia a cidade perde peso e queda suspendida no aire. E tí debes resolver o misterio. Para iso serás Ana Branco, que buscará pola cidade as pesquisas para devolver a Santiago á normalidade". 
Cómo xogar: Executado o programa comeza a presentación do xogo, para saltala preme ENTER. Unha vez finalizada a presentación comeza o xogo!, agora só tes que axudar a Ana a investigar as causas polas que Santiago está no aire. O mecanismo do xogo é moi sinxelo. Preme no lugar da pantalla onde queres que acuda Ana. Se queres apañar algún obxecto ou falar cun personaxe preme sobre el co rato. Para dar ou usar un obxecto da mochila preme co rato, arrastra onde queiras e solta. Na parte inferior da pantalla contas co "panel de control". 
(A instalación está traducida ó galego polo Proxecto Xis de Galego21.Org)

Bótalle unha man ao Xocashttp://vello.vieiros.com/leiteira/xogo/cota.html  Divertido e comprometido xogo "En liña" no que terás que axudarlle a un labrego "O Xocas" a conseguir a súa cota láctea picando co rato enriba dela cinco veces

- Xogamos coas palabras 3 https://dl.dropboxusercontent.com/u/6077771/BRINCALETRAS/galego3/galego3.html  Terceira parte do test para traballar o galego co programa Brincaletras de Fran Macías.

 - Portal das palabras http://www.portaldaspalabras.gal/ 




Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »