Resolución de problemas con robots educativos





Que é un Escornabot?

Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo achegar a robótica e a programación aos nenos.



Escornabot básico pode programarse cos botóns para executar secuencias de movementos. A partir de aquí, a imaxinación é o único límite nas posibilidades.
- Eh! Iso que describes semella moito ao Bee-Bot!
- Si, pero moito mellor por varias razóns. Entre elas, vou destacar algunhas:
  1. É feito por ti. E os teus alumnos, fillos, primos pequenos... Calquera pode axudar particpando no proceso dende o principio. O pracer de construir o teu propio escornabot fai que sexa unha experiencia estupenda, sobre todo se hai nenos participando.
  2. É un proxecto de hardware aberto (OSHW) e software libre (FOSS) e podes adaptar as súas características ás túas necesidades: pórlle sensores, leds, cambiar a apertura do ángulo de xiro, a distancia que avanza... calquera cousa que se che ocorra.
  3. É (por prezo) máis acadábel que outros robots educativos comerciais. Montar un escornabot pode custar menos de 20€ se sabes onde mercar os compoñentes (por internet). Este prezo non é o seu valor porque leva tempo de traballo e outros custes indirectos (especialmente a impresión 3D das pezas).



Este vídeo é a presentación do proxecto que fixo @procastino no Arduino Day 2015 organizado por Makers Lugo.




Filosofía


É un proxecto open hardware e software libre, o que ven a significar que é aberto á comunidade e a calquera (incluindote a ti) que poda contribuir á súa evolución. Se queres aportar algunha benquerenza a este proxecto, na forma de nova funcionalidade, redeseño, documentación ou o que sexa, estaremos encantados de ler as túas ideas e suxestións.
Preguntas frecuentes e as súas respostas
  • De onde vén o nome Escornabot? É composoción acertada de escornaboi e robot (escorna + bot). Escornaboi é a verba para o lucanus cervus (o máis grande escaravello coñecido no mundo). Por outra banda, cremos que o Escornabot é o aniquilador definitivo do Beebot.
  • Cando e donde comezou o proxecto? Naceu en Bricolabs Hacklab nun memorable día de xullo de 2014. Máis información aquí.
´


 




Escornabots Viaxeiros


Que son?
Queres ter escornabots no teu centro educativo? Pois pídenos os escornaborts viaxeiros! Son unha familia á que lle gusta moito coñecer mundo, e están a disposición de calquera centro, pódelos solicitar enviando un correo a escornabot@gmail.com.





El viaje de Beebot


Recursos para Bee-Bot


A continuación recopilamos unos cuantos recursos encontrados en la red que puede ayudarnos mucho a la hora de confeccionar actividades de Bee bot en nuestra aula.

Otros proyectos  de referencia en el trabajo con robotica educativa:




Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »