ParentNets
OBXECTIVOS
O principal
obxectivo é satisfacer unha necesidade detectada no ámbito electrónico. Os
mozos interactuar a través de plataformas das que os seus pais descoñecen o seu
funcionamento e os seus riscos e, polo tanto, non teñen a posibilidade de
controlar.
ParentNets é un
proxecto innovador, xa que ata o momento, non existe ningún outro programa
específico de educación de adultos neste ámbito.
Os socios aspiran a que os pais teñan un maior coñecemento acerca das actividades en internet dos seus fillos, poñendo especial énfase na detección e prevención dos riscos que estas novas tecnoloxías entrañan para os mozos.
GRUPOS OBXECTIVO
- Pais pouco familiarizados coa tecnoloxía
provenientes de países da Unión Europea.
- Profesores de primaria e secundaria
interesados en obter información sobre este tema.
- Outros profesionais relacionados
co tema.
- Compañía provedoras de servizos de
internet.
- Organizacións de protección da infancia.
RESULTADOS
O principal
obxectivo do proxecto é producir material multimedia para a formación dos pais
no uso da tecnoloxía e as comunicacións a través de internet e os riscos que
estas levan consigo.
1. Como actividade preliminar, o consorcio
levará a cabo un estudo de investigación nos países involucrados no proxecto
sobre o uso de Internet por parte dos mozos, sobre todo dos menores, destacando
os seguintes aspectos:
- Webs máis populares para comunicarse e
compartir contido e se estas cumpren cos principios da EU's Safer
Networking
- Principais riscos do uso de Internet,
con especial atención á utilización das redes sociais, e a relación entre
os diferentes portais e os tipos de riscos que entrañan.
Esta investigación
dará lugar a un informe cos resultados da investigación, por país e para o
consorcio na súa totalidade. Este informe será a base para desenvolver o
contido das ferramentas multimedia.
2. Os socios consideran que o mellor xeito
de ordenar e facer accesible o contido multimedia é ordenándoo nunha web. O
desenvolvemento da web levarase a cabo a partir da primeira fase do proxectos e
responderá a tres obxectivos:
- Conter o material multimedia producido:
Manual Multimedia e Xogo Multimedia
- Conter información relevante sobre as
actividades do proxecto e dos socios.
- Converterse en apoio e principal referencia para a difusión do proxecto
3. O sitio web albergará os dous resultados máis importantes do proxecto: Manual Multimedia e Xogo Multimedia.