De Galifornia a Acapulpo


As 8 alternativas que che farán esquecer o nome de' Galifornia'.


Faro de Vigo


Unha enquisa lanzada nas redes sociais renova o termo usado para falar de Galicia no verán. Miguel 'O Hematocrítico', o profesor de eduación infantil que se fixo famoso nas redes sociais polo seu humor e comentarios sobre os programas de televisión iniciou hai uns días na súa conta de Twitter unha campaña para que o termo Galifornia -a palabra que usamos para falar do verán en Galicia- pase a mellor historia.

Case 900 retuits e 1,300 'gústame' na rede dos 140 caracteres reaccionarion a unha publicación que incluía unha lista de cinco propostas que terminou en oito ao incluír algunhas das suxestións realizadas entre os 113.000 seguidores que o profesor galego ten nesta plataforma. Esta foi a lista final que se someteu a votación popular:

As Galeares

Galibizia

Formenterriña

Hawai que roelo

Acapulpo

A Costa Bravú

A Costiña

Punta Cañita Brava

A curiosa enquisa proposta por O Hematocrítico tivo tamén o seu percorrido na súa páxina de Facebook xa que chegou a compartir un centenar de veces. Unha vez pechadas as votacións e realizado o escrutinio, foi o termo Acapulpo o que levou as honras e mesmo o deseño dun logotipo que moitos desexan xa que se imprima nunha camiseta. 

Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »