En Alemaña apostan por pór
chalecos con area nas escolas aos nenos con TDAH para conseguir que se
concentren nas tarefas.
serPadres
En Alemaña existe un novo
tratamento para nenos con Trastorno por Déficit de Atención e
para nenos inquietos en xeral: porlles un chaleco cheo de area.
Existen modelos en varias cores e
con pesos que oscilan entre 1,2 e 6 quilos, dependendo da altura e o peso do
neno. Custan entre 80 e 170 euros.
As opinións con respecto a este
tratamento son moi divididas pero, sen dúbida, gañan por goleada as contrarias
a eles. Están abaladas en todo momento por pediatras e psicólogos alemáns que
se manteñen firmes no pensamento de que isto o único que fai é dificultar o
desenvolvemento do pequeno.
O produto en cuestión é
distribuído pola empresa Beluga e forma parte da súa colección “Terapia con
area” onde, ademais deste produto, atopamos outros especialmente deseñados
para trastornos como a demencia, o autismo ou o coma vexetativo. Na páxina
do chaleco alegan que é un tratamento moi efectivo que axuda moito á concentración
do pequeno. Preséntano como “a peza central e o alicerce básico da terapia
Beluga Sand”.
Ademais, seguen describíndoo como
“un produto que distribúe o peso e presión a través dos sensores musculares
e de exercicio, o que leva un aumento significativo no rendemento cognitivo”.
Noutras palabras, axuda aos pequenos con a concentración porque
pesa e perden liberdade de movemento.
O balbordo causado pola noticia
levou á marca distribuidora dos chalecos a facer unha aclaración na súa propia
web: “estes chalecos de area logran excelentes éxitos en nenos con
trastornos perceptuales propioceptivos. Todos os nenos naturalmente inquietos
non necesitan un chaleco de area”.
Pola súa banda, existen unha chea
de opinións en contra deles. En aclaracións a El País, Cordula Lasner-Tietze, directora da Axencia de
Protección ao Menor en Alemaña, asegura que “impoñen unha restrición física
ao neno, que en principio non debe ser prescripta por un pedagogo” alegando
que, de terse que usar, debería ser recetado por un terapeuta.
O portavoz dos pediatras en
Alemaña, Hermann Josef Kahl tamén falou dicindo que non existe unha
evidencia médica que asegure que esta terapia favorece a concentración en nenos
con TDAH.
Esta práctica únese aos xa tan
criticados pupitres bicicleta, usados nun colexio de Canadá. Trátase
dunhas mesas aparentemente normais que levan pedais por baixo para que os nenos
máis inquietos pedaleen durante 15 minutos e se tranquilicen.