O tribunal estima o
recurso presentado polos pais contra a decisión da Consellería de que fose
escolarizado de forma combinada nun Centro de Educación Especial.
eldiario.es
A xustiza estimou o
recurso presentado polos pais dun neno de 11 anos de Torrent con TEA
(Transtorno do Espectro Autista) e recoñeceu o dereito do alumno de estar
escolarizado nun centro ordinario. Esta estimación do recurso faise contra a
decisión da Conselleria de Educación de escolarizar ao neno de forma combinada nun
centro ordinario e outro de educación especial, e que este curso (6º de
Primaria) fíxoo entre o CEIP Federico Maicas e a CEE a Encarnación, ambos en
Torrent.
Os pais do alumno,
que contaban tamén co apoio do Ministerio Fiscal, conseguiron que o tribunal
recoñeza "o dereito" do neno a ser escolarizado nun centro ordinario,
petición realizada antes do inicio de curso, no mes de xullo, e denegada en
setembro. Pero ademais a sentenza tamén condena que se denegase a petición do
ano anterior -en xullo de 2017- por silencio administrativo, afirmando que con
iso se vulnerou os dereitos á igualdade e á educación" do neno.
O alumno de 11 anos
de Torrent foi diagnosticado aos 18 meses de TEA, cando xa estaba escolarizado
no centro Lles Carolines, escola onde permaneceu até os 8 anos con apoios. Foi
no curso 2015/2016 cando empezou a súa escolarización no centro Federico Maicas
na modalidade ordinaria con apoios, pero aos poucos meses, en novembro de
2015 foi elaborado o Informe
Psicopedagóxico do gabinete Psicotécnico Municipal de Torrent no que se
solicitaba a escolarización combinada do centro de referencia e o de educación
especial.
Tras as
reclamacións dos pais a última foi contestada pola Generalitat afirmando que
Inspección "estima adecuada a liña pedagóxica que vén desenvolvéndose até
o momento, con axustes e o seguimento na Intervención educativa que sexan
necesarios en cada momento, en función da evolución do alumno". Agora a
sentenza obriga á Conselleria de Educación "a adoptar as medidas necesarias"
para que o alumno poida ser escolarizado nun centro de ensino ordinario.