Deseño Universal de Aprendizaxe Nivel novato. Como podemos atender á diversidade na nosa aula?




José Luis Redondo


En moitas presentacións educativas, especialmente as relacionadas coa atención á diversidade e a inclusión, sempre podiamos atopar a imaxe superior. Entendiamos que o problema, é dicir, a discapacidade, tíñaa o alumno/a, por ese motivo enchíanse toda unha serie de informes psicopedagógicos, adaptacións curriculares.. que resaltaban e destacaban o que ese alumno/a NON podía facer. Partiamos dunha imaxe limitante, na que nos nosos proxectos, tarefas ou actividades bastábanos con incluír un apartado no que se lía atención á diversidade. Parecíanos que era mais que suficiente.

Con todo, o DUA que descubrín grazas a Antonio Márquez, achéganos un enfoque diferente.
En primeiro lugar, non se centra no que o alumno/a non pode facer. Crea unha imaxe positiva do alumnado con NEAE, e preocúpase de descubrir que é o que si pode facer, non o que o diferencia con respecto aos demais.  Non parte dunha situación limitante.

En segundo lugar, céntrase nas limitacións de currículo educativo, da metodoloxía, do ambiente de aula e propón alternativas baseada en proporcionar múltiples formas de representación, acción e expresión, e motivación.

Aí reside a súa xenialidade, é un enfoque que suma, non resta. O problema reside na barreira. É a barreira a que resalta a (dis)capacidade, por tanto, si a elimiamos todos poden aprender na medida das súas posibilidades e capacidades.

A súa implantación foi estudada por o CAST,  que achegou evidencias sobre a súa aplicación e funcionamento. Basicamente este enfoque afirma que existen tres pautas que segue o cerebro cando aprendemos. Esas pautas relaciónanse cuns principios:
a) os afectivos/emocionais que gardan relación co por que da aprendizaxe.
b) os estratéxicos que se relaciona co como aprendemos, é dicir, coas metodoloxías, as estratexias, enfoques, tanto do alumnado como do docente.
c) coas formas de representación que se relacionan co que da aprendizaxe, é dicir, os contidos e como o alumnado pode acceder a eles.
En función destes principios podemos dar múltiples respostas ás necesidades individuais do noso alumnado.

Que implicacións ten este enfoque? Tal e como sinala David Bueno, moitas veces os docentes preocupámonos primeiro polo que: o que queremos que aprendan, que contidos imos primar sobre outros, que tipo de textos imos usar ou si nos imos a centrar máis no uso de vídeos ou outros medios. Despois adoitámonos preocupar por como imos ensinar: si imos usar metodoloxías activas ou non, si imos apostar pola instrución directa, traballar con centros de interese ou por recunchos. Mesmo algúns nos podemos centrar en ensinarlles estratexias ao noso alumnado, por exemplo, para memorizar, para sintetizar a información.

Ao final,  centrámonos no por que: preguntándonos como podemos facer significativo (e memorable) a aprendizaxe dos medios físicos, ou a relevancia de teorías da física para construír un edificio ou un motor.

Fixádevos ben!, falo de significatividade non de utilidade, por exemplo, para a miña é inesquecible a miña interpretación do papel de Zapo en Picnic, unha obra de teatro que narra o sinsentido da guerra. A utilidade do contido non é o significativo, foi todo o proceso de representación e ensaio, xunto ao apoio recibido, o que converteu esa obra nunha experiencia memorable para a miña persoa.

Pola contra, o noso alumnado segue o proceso inverso. O primeiro que se cuestiona é o sentido e o por que:  relaciónao co seu interese, co ambiente que se crea na aula, con que lle toque ou non a “pataca”, ou co ben ou mal que lle foi a materia noutros cursos. Despois cuéstionase como o pode aprender, e que tipo de estratexias pode ou non usar.

É só ao final cando se expón o que. Que para o noso alumnado é a cuestión menos importante, e con todo, para nós os docentes parece fundamental.

Grazas a este enfoque fun mellorando a miña atención á diversidade. Entre outras melloras adaptei todos os textos da miña materia segundo os criterios de Lectura Fácil, creei toda unha serie de actividades adaptadas, que me permitiron alternar traballo individual con traballo en equipo.

A isto sumouse a opción In Flip . Esta variante do modelo Flipped Learning centra o visionado na aula, así con vídeos duns 3 minutos traballamos estruturas cooperativas simples como o Mapa Conceptual a 4 bandas. Esta opción permíteme detectar as lagoas de información ao instante, e así non discrimino a ninguén por non ter acceso a Internet.

Por último dividín os contidos de materia en tres niveles de dificultade, e relacioneinas con posibles preguntas seguindo a técnica complexa Ensino Acelerado por Equipos. Deste xeito conseguín que o meu alumnado saiba que deben alcanzar o nivel verde como mínimo indispensable, a cor azul como recomendable e o laranxa como nivel máximo. Esta estrutura de cores non ten por que correlacionarse cun aprobado ou notable, depende do nivel do que parte o meu alumnado, de  até onde consegue chegar co apoio do seu equipo, e o seu esforzo persoal

Só o feito de cambiar o enfoque deume unha enorme variedade de ferramentas e opcións que usar na aula. Si queredes profundar máis neste tema recoméndovos o blog de Antonio Márquez, un verdadeiro referente neste tema.


Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »