Cinta Rodríguez :: cedec
A continuación
compartimos material enfocado cara á saúde emocional do alumnado que se acha semiconfinado nestes momentos. Trátase dunha serie de infografías
con consellos e orientacións sinxelas
para aplicar en familia. A serie de infografías denominadas “cintoritas”
deseñáronse pensando no alumnado de Educación Primaria pero, verdadeiramente, o
seu contido pode ser valioso para alumnos máis maiores e mesmo adultos.
Trátase dunha serie de reflexións que se acompañan en moitos casos de
exercicios sinxelos para coidar a saúde emocinal dos nenos e nenas.
Agora que está a
acabar o trimestre é un bo momento para
que o alumnado avalíe a súa saúde emocional e comportamento durante a
corentena. As dianas de avaliación son instrumentos sinxelos, moi visuais e
adecuadas para o alumnado de Educación Primaria.
Todos estas ideas e
consellos son adecuados si nos atopamos nunha nova situación de confinamento para
o curso que vén, polo que aconsellamos axudar aos nenos e nenas a
xestionar as súas emocións.