Actividade para Educación Infantil baseada no poema "Mans á auga"
unicef
O Día do lavado de mans (15 de outubro) lémbranos a importancia de lavarnos as mans para evitar enfermidades, pero como o fas?
Esta actividade usa un divertido poema sobre o lavado de mans como recurso
para acadar diversos obxectivos educativos relacionados coa educación para a
saúde, ao tempo que reforza o dereito dos nenos á participación e contribúe á
consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible.
Este poema, que podemos transformar nunha canción, dálles aos máis pequenos
algunhas pistas para poder facelo ben. Para estar sempre sans,
lavámonos ben as mans!