cedec
Son numerosos os recursos que atopamos actualmente en Internet e que nos
poden resultar útiles no noso labor docente: imaxes, textos, vídeos, secuencias
didácticas…Pero, podo utilizar libremente todo o que atopo na rede?
Desde Cedec presentamos a Guía práctica de
licenzas de uso para docentes, un material de consulta que nos permite orientarnos acerca de que
materiais podemos incorporar nos nosos recursos educativos ou utilizar nas
nosas clases, e baixo que condicións. Así mesmo, aposta polo uso das
licenzas abertas para potenciar a difusión, transformación e actualización
dos recursos creados polo profesorado.
Tras unha primeira parte na que se expón que son os dereitos
de autor, que excepcións contempla a lei para uso docente e que son as licenzas
Creative Commons, ofrécennos orientacións sobre que posibilidades temos
como docentes á hora de utilizar ou crear materiais educativos:
- Que podo
utilizar como docente e baixo que condicións.
- Que debo ter en
conta á hora de incorporar obras alleas nos meus materiais.
- Onde podo atopar
materiais libres.
- Que debo facer
para que os meus materiais poidan ser utilizados por outros compañeiros
Ademais, ao longo da guía ofrécense infografías que
resumen algúns dos contidos máis importantes e proponse algunhas actividades
de autoavaliación e un caso práctico para repasar e aclarar conceptos.
Os obxectivos desta Guía son, por unha banda, proporcionar
aos docentes as ferramentas necesarias para aproveitar os recursos dispoñibles
respectando en todo momento os dereitos de autor e, por outro,
informar sobre como compartir os materiais propios, favorecendo un
intercambio de recursos educativos abertos e fomentando o coñecemento e a
cultura libres.