Proxecto EDIA. Guía práctica de licenzas de uso para docentes

 


cedec

Son numerosos os recursos que atopamos actualmente en Internet e que nos poden resultar útiles no noso labor docente: imaxes, textos, vídeos, secuencias didácticas…Pero, podo utilizar libremente todo o que atopo na rede?

Desde Cedec presentamos a Guía práctica de licenzas de uso para docentes, un material de consulta que nos permite orientarnos acerca de que materiais podemos incorporar nos nosos recursos educativos ou utilizar nas nosas clases, e baixo que condicións. Así mesmo, aposta polo uso das licenzas abertas para potenciar a difusión, transformación e actualización dos recursos creados polo profesorado.

Tras unha primeira parte na que se expón que son os dereitos de autor, que excepcións contempla a lei para uso docente e que son as licenzas Creative Commons, ofrécennos orientacións sobre que posibilidades temos como docentes á hora de utilizar ou crear materiais educativos:

  • Que podo utilizar como docente e baixo que condicións.
  • Que debo ter en conta á hora de incorporar obras alleas nos meus materiais.
  • Onde podo atopar materiais libres.
  • Que debo facer para que os meus materiais poidan ser utilizados por outros compañeiros

Ademais, ao longo da guía ofrécense infografías que resumen algúns dos contidos máis importantes e proponse algunhas actividades de autoavaliación e un caso práctico para repasar e aclarar conceptos.

Os obxectivos desta Guía son, por unha banda, proporcionar aos docentes as ferramentas necesarias para aproveitar os recursos dispoñibles respectando en todo momento os dereitos de autor e, por outro, informar sobre como compartir os materiais propios, favorecendo un intercambio de recursos educativos abertos e fomentando o coñecemento e a cultura libres.