Material para as titorías (fortnite e uso de pantallas)


Ante o aumento que vimos observando no alumnado do tempo que pasan xogando a videoxogos como o fortnite e no tempo de uso de pantallas é moi importante e necesario neste momento facerlles reflexionar tanto a eles como as súas familias sobre esta situación durante o período lectivo e tamén de cara ás vindeiras vacacións.

Trátase de dúas pequenas infografías elaboradas pola Asociación Érguete o curso pasado no período de confinamento e que neste momento aínda son máis necesarias polos efectos que están a ter na capacidade de concentración do alumnado, no seu descanso, creatividade, imaxinación, ... 

No alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria estase a evidenciar máis que nunca os efectos das pantallas.