abalarPro: unha app para o profesorado galego

 


espazoAbalar


A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ademais do portal espazoAbalar, ofrece abalarPro. Trátase dunha aplicación para o persoal docente que vai permitir consultar e enviar mensaxes ás familias a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación na sociedade dixital do século XXI.

abalarPro únese así a abalarMóbil, unha aplicación para as familias que permite consultar a información de calquera dos seus fillos e interactuar co profesorado a través dos dispositivos móbiles.

A aplicación abalarPro está dispoñible para todo o profesorado dos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Actualmente a descarga desta aplicación faise dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android) e proximamente desde Apple store (se o sistema operativo é IOS).

As funcionalidades da primeira versión de abalarPro están orientadas á mensaxería, de tal forma que é posible acceder á listaxe de mensaxes, así como crear novas mensaxes con outros participantes: mensaxe privada, de difusión ou grupal/sala. En futuras versións incrementaranse novas funcionalidades dentro da app.

Manual

Descarga en Google Play


Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »