Deseño Universal para a Aprendizaxe: un modelo teórico-práctico para unha educación inclusiva de calidade

 



Ministerio de Educación y Formación Profesional

O Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) é un modelo que, fundamentado nos resultados da práctica e a investigación educativa, as teorías da aprendizaxe, as tecnoloxías e os avances en neurociencia, combina unha mirada e un enfoque inclusivo do ensino con propostas  para a súa aplicación na práctica. 

Partindo do concepto de deseño universal, organízase ao redor de tres grupos de redes neuronais; afectivas, de recoñecemento e estratéxicas, e propón tres principios vinculados a elas : proporcionar múltiples formas de implicación, múltiples formas de representación da información e múltiples formas de acción e expresión da aprendizaxe. 

O DUA parte da diversidade desde o comezo da planificación didáctica e trata de lograr que todo o alumnado teña oportunidades para aprender. Facilita aos docentes un marco para enriquecer e flexibilizar o deseño do currículo, reducir as posibles barreiras e proporcionar oportunidades de aprendizaxe a todos os estudantes. Por todo iso recoñécese o potencial deste modelo teóricopráctico para contribuír a lograr o Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS4) da Axenda 2030: «Garantir unha educación inclusiva e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe para todos».


Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »