No meu desenvolvemento profesional, pasei de concederlle especial importancia ao traballo dos procesos psicolóxicos básicos (percepción, memoria, atención, ...) entendido incluso como un elemento curricular máis, a comprender dende a reflexión da práctica, que o desenvolvemento das funcións executivas en alumnado sen ou con trastornos do neurodesenvolvemento convértese nunha necesidade máis aló do primeiro.
A través desta entrada comparto información sobre o que son, a súa relación co TDAH, TEA, ... (trastornos dos neurodesenvolvemento), como avalialas e como traballalas tanto na familia como na escola.