Prográmame, o creador de UDIs online




Prográmame é un xerador online de Unidades Didácticas Integradas, dispoñible na web recursoseducativos.net, co que poderás crear dun xeito doado UDIs  para infantil,  primaria ESO e Bacharelato, nestes dous últimos casos só algunhas áreas están dispoñibles xa que os seus currículums foron introducidos gracias a colaboración de mestres voluntarios.

Para empregar este recurso precisarás estar rexistrado en recursos educativos (lembra que é de balde)
Prográmame é unha aplicación online, dentro das dispoñibles na web recursoseducativos.net, destinada a facilitar a creación de Unidades Didácticas Integradas automatizando algunhas partes do proceso.

A finalidade desta aplicación e facilitar a “posta sobre o papel” das UDIs para as tarefas a desenvolver nas alas de infantil e primaria, automatizando todo o posible o proceso de creación das mesmas, deste xeito:
  • Escollerás os estándares/indicadores, criterios e contidos facendo click co rato, tan só terás que ilos escollendo.
  • No momento en que escollas un estándard/indicador automáticamente será incluído o criterio de avaliación asociado.
  • En cada exercicio amosaranse só os contidos relacionados cos indicadores seleccionados para cada actividade, de xeito que sexa doado escoller entre eles.
  • Os estandares/indicadores seleccionados, aparecerán como referencia para a elaboración das rúbricas e a determinación dos restantes instrumentos de avaliación.
  • Automáticamente serán creados documentos das UDI e taboas de indicadores/estándares traballados e avaliados, que poderás empregar na programación de aula/ciclo.
  • Crearase, entre as páxinas da UDI, o esquema de relacións entre tarefa, actividades de exercicios.




Cando empregues prográmame poderás acceder a todas estas funcionalidades:
  • Crear e almancenar tódalas UDIs que desexes organizadas en cursos ou categorías.
  • Obter de cada unha das UDI creadas, en calquera momento, unha versión en pdf e outra en odt da Unidade, segundo a plantilla do CEIP. Pedro Antonio Cerviño, incluíndo o mapa de relacións entre tarefa, actividades e exercicios.
  • Obter unha táboa por curso en pdf e odt, da avaliación dos diferentes indicadores ou estándares incluídos nas diferentes Unidades, organizadas por trimestres e tipo de instrumento de avaliación, así como unha táboa cos indicadores traballados (fosen avaliados ou non)
  • Poderás modificar as UDI tantas veces como desexes, conseguindo un novo documento pdf e odt en cada caso.
  • Terás a opción de iniciar unha nova UDI ben creándoa desde cero ou partindo dunha xa existente, grazas a opción “copiar UDI”.
  • Poderás compartir os teus cursos ou categorías con outros usuarios, de xeito que tódolos usuarios que teñas autorizados poidan traballar de forma conxunta nas mesmas UDIS.
  • Poderás facer un seguimento, a través dunha ferramenta visual, dos estándares ou indicadores traballados ou non en cada curso e/ou área, de xeito que poidas controlar aqueles pendentes de traballar en cada curso/área.

Se queres coñecer como funciona Prográmame podes botarlle unha ollada ó manual de usuario, onde atoparás tamén unha explicación do seu funcionamento.


O programa inclúe os curríclums oficiais de educación Primaria e a concreción curricular de Educación Infantil do CEIP. Pedro Antonio Cerviño, baseado no currículum oficial de educación infantil.


Fonte: oscarabilleira.com
Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »