Co obxecto de mellorar a atención
a Conselleria impulsa, dentro da Estratexia Galega de Convivencia 2015-2020 un
protocolo para a atención educativa do alumnado que deba permanecer
convalecente no domicilio por lesión, doenza prolongada ou enfermidade crónica
sempre a criterio médico. Neste protocolo determínanse os procesos de
solicitude, tramitación, elaboración, coordinación e seguimento do
programa individualizado, e a participación e apoio das familias. Así
mesmo, facilítanse modelos dos principais documentos necesarios.