Que é un Escornabot?
Escornabot é
un proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo achegar a
robótica e a programación aos nenos.
O Escornabot básico
pode programarse cos botóns para executar secuencias de movementos. A partir de
aquí, a imaxinación é o único límite nas posibilidades.
- Eh! Iso que describes semella
moito ao Bee-Bot!
- Si, pero moito mellor por
varias razóns. Entre elas, vou destacar algunhas:
- É feito por ti. E os teus alumnos,
fillos, primos pequenos... Calquera pode axudar particpando no proceso
dende o principio. O pracer de construir o teu propio escornabot fai
que sexa unha experiencia estupenda, sobre todo se hai nenos participando.
- É un proxecto de hardware aberto (OSHW) e
software libre (FOSS) e podes adaptar as súas características ás
túas necesidades: pórlle sensores, leds, cambiar a apertura do ángulo de
xiro, a distancia que avanza... calquera cousa que se che ocorra.
- É (por prezo) máis acadábel que outros
robots educativos comerciais. Montar un escornabot pode
custar menos de 20€ se sabes onde mercar os compoñentes (por internet).
Este prezo non é o seu valor porque leva tempo de traballo e outros custes
indirectos (especialmente a impresión 3D das pezas).
Este vídeo é a presentación do
proxecto que fixo @procastino no Arduino Day 2015 organizado
por Makers Lugo.
Filosofía
É un proxecto open hardware e software libre, o que
ven a significar que é aberto á comunidade e a calquera (incluindote a ti) que
poda contribuir á súa evolución. Se queres aportar algunha benquerenza a este
proxecto, na forma de nova funcionalidade, redeseño, documentación ou o que
sexa, estaremos encantados
de ler as túas ideas e suxestións.
Preguntas frecuentes e as súas
respostas
- De onde vén o nome Escornabot? É
composoción acertada de escornaboi e robot (escorna + bot). Escornaboi é
a verba para o lucanus
cervus (o máis grande escaravello coñecido no mundo). Por outra
banda, cremos que o Escornabot é o aniquilador definitivo
do Beebot.
- Cando e donde comezou o proxecto? Naceu
en Bricolabs Hacklab nun
memorable día de xullo de 2014. Máis información aquí.
´
Escornabots Viaxeiros
Que son?
Queres ter escornabots no teu centro educativo? Pois pídenos
os escornaborts viaxeiros! Son unha familia á que lle gusta moito coñecer
mundo, e están a disposición de calquera centro, pódelos solicitar enviando un
correo a escornabot@gmail.com.
El viaje de Beebot
Recursos para Bee-Bot
A continuación recopilamos unos cuantos recursos encontrados
en la red que puede ayudarnos mucho a la hora
de confeccionar actividades de Bee bot en nuestra aula.
- Simulador
Bee bot para PDI y pc (similar al de iPad).
- Ejemplos
de tapetes Bee bot "caseros".
- Creación
de materiales de aula Bee bot.
- Disfraces imprimibles para Bee bot.
- Complementos
para Bee bot en Ro- botica.
- Libro (en inglés) sobre actividades con Bee bot.
Otros proyectos de referencia en el trabajo con
robotica educativa:
- Robótica
y programación en Ed. Infantil de Marta y Sara Reina
- Apprendiendo
con robotica en ed. infantil y primaria del C.E.I.P. GIL
TARIN