Federación Autismo Galicia
No primeiro recollemos as inquedanzas e sentimentos que aparecen coa noticia do diagnóstico. Presentamos que é o autismo e as súas características. Para finalizar con este primeiro apartado, desmontaremos as falsas crenzas sobre o TEA.
No segundo bloque, falaremos da importancia da Comunicación e dos diferentes tipos de Apoios que poden facilitar a calidade de vida da persoa con TEA e da súa familia. Así como os autocoidados das persoas coidadoras. Abordaremos tamén outros temas transversais como a Educación e a Intervención e Terapias.
No terceiro bloque, recollemos bibliografía, recursos e o directorio de entidades federadas en Autismo Galicia.