16 calidades do bo profesorado


1. Coñecen a materia
Si non o sabes, non o podes ensinar. Non necesitas un doutorado, pero si uns importantes coñecementos da túa asignatura; no entanto, deberías continuar a formación na túa materia ao longo da túa vida... [o doutorado non está de máis].

2. Pacientes
Non se espera que a túa paciencia sexa infinita cara a unha falta absoluta de disciplina, indolencia, inmadurez ou interrupcións e molestias no teu traballo e no dos estudantes, pero a paciencia é algo que estes/as están aprendendo, é parte da profesión docente e ti debes dar exemplo.

3, Intelectualmente curiosos/as
A túa curiosidade intelectual, precisamente, é a que che mantén ao corrente dos cambios na túa especialidade e permanentemente actualizada/o.

4. Teñen confianza en si mesmas/os
E nas súas habilidades para detectar en que punto do proceso de aprendizaxe están os estudantes, para presentar o material cunha orde lóxica e gradual, etc.

5. Compasivos
Son capaces de traballar con alumnado heteroxéneo, con diferentes ritmos de aprendizaxe, con diferentes niveis de coñecementos... independientemente de que, cada ano, ti sexas maior que o anterior e as túas alumnas e alumnos teñan a mesma idade de sempre (como dicía nalgunha ocasión un profesor universitario).

6. Logro
Os e as docentes excelentes teñen claras as ideas sobre o que esperan dos estudantes, sobre as metas propias, da institución e do alumnado, e o camiño que han de seguir para conseguir os seus obxectivos.

7. Bos planificadores/as
Teñen plans e atéñense a eles, máis aló da rixidez do currículum e da Programación Didáctica. Saben detectar cando os estudantes van necesitar máis tempo para comprender unha idea ou unha unidade didáctica e están dispostos a ser flexibles sen romper o plan inicial.

8. Concienciados/as
Sobre o que sucede nas súas aulas, sobre o que sucede no corredor, o a clase de á beira, no claustro e no Ministerio. 

9. Titoras/es
E, tamén, mentores/as: con desexo de influír positivamente no alumnado e motivar aos estudantes (ata, desde o principio da súa carreira profesional).

10. Maduros/as
Os estudantes teñen vida máis aló do aula, e experimentan problemas persoais e altibaixos emocionais (especialmente, na adolescencia). Os docentes poden percibir eses cambios e responder adecuadamente a eles, sendo os alicerces que lles alenten a crecer ante a adversidade e manter o seu desenvolvemento académico.

11. Participativas/os
Manteñen boas relacións coa comunidade educativa, incluídas, por suposto, as familias, a administración e o resto do profesorado.

12. Organizados/as
Xestionan estudantes absolutamente diversos, con moitos tipos de personalidade, multitude de unidades didácticas, materias e cursos... A organización redunda en algo moi beneficioso para os estudantes: a orde nas presentacións e exposicións dos docentes.

13. Teñen visión
Non consideran a Educación como algo reducido a transmitir, únicamente, información ao alumnado: ofrecen material interesante, útil e múltiples visións, nas que se inclúen as metas e as aplicacións prácticas.

14. Contextualizan
Cada tema ten un contexto e proporciónanllo aos alumnos e alumnas. Non se aprende no baleiro: mostran os coñecementos previos necesarios e como se pode conducir ao desenvolvemento doutros coñecementos, habilidades e competencias futuras.

15. Consideran o ensino como unha "misión"
Comunican ao alumnado e á comunidade educativa, cos seus actos, a satisfacción que lles produce a elección que fixeron: dedicarse á educación como a súa misión na vida, como a súa meta de realización persoal. 

16. Entusiastas
Nunca perden o entusiasmo polo labor docente; si é posible que, temporalmente, se vexan angustiadas/os ou saturados/as por problemas administrativos ou outras cuestións illadas, pero o seu compromiso fundamental coa Educación e o traballo constante pesan máis... E os estudantes nótano.


Doug Eikermann en SlingingTheBull





Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »