VISIBILIZANDO

Hai días como o de hoxe, nos que un ten a necesidade de VISIBILIZAR, porque neste país tamén sabemos de Educación.

Lendo a Luz Rello, que dito sexa de paso a contribución coa súa tese DysWebxia. A Text Accessibility Model for People with Dyslexia é dun enorme valor, un atópase co seguinte parágrafo:



e ante isto, que dicir?.  Pois no Departamento de Orientación do CEIP San Vincenzo no Concello de Vimianzo, temos alumn@s que con cinco anos identificamos con sospeita de dislexia e con seis confirmamos diagnóstico por medio de especialistas como Paula Outón Oviedo. Non é algo excepcional ou de importación finlandesa, simplemente é o noso traballo, o que temos que facer.

Estamos completamente convencidos de que isto acontece a diario nos Departamentos e Equipos de Orientación dos centros de España. Non temos a necesidade de ir a Finlandia. Contamos con excelentes mestr@s de Pedagoxía Terapéutica, mestr@s de Audición e Linguaxe, orientador@s, ... docentes que tódolos días contribúen co seu esforzo a facer efectivo o principio de equidade garantindo a igualdade de oportunidades.

Dende aquí quedades convidados a unha viaxe pola blogosfera educativa española.



Hace falta visibilizar a muchos "César Bona"


Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »