21 F - Día Internacional da Lingua Materna

O novo galego será neofalante, ou non será.


" ... Neo- e paleo- son dous prefixos de orixe grega de sobra coñecidos, porque entran na formación de multitude de palabras, sobre todo a partir do XIX. Ambos os dous eran na lingua de orixe palabras plenas, os adxectivos neóspalaiós, mais co tempo desenvolveron unha forma abreviada que logo se fixou como constituínte de palabras derivadas: o neo- é o ‘anovado’ ou ‘novo’, como en neotrobadoresco ou neófito, mentres que o paleo- é o ‘antigo’ ou ‘histórico’, tal que en paleontólogo ou paleobotánica. Cando se xuntan con falante -derivado do latín fabulare, que signficaba ‘falar’, ‘entreterse co diálogo e a conversa’- serven para etiquetar dous tipos de galegofalantes definidos pola súa lingua de partida (lingua inicial ou lingua primeira), e tamén pola súa relación co idioma que utilizan, sempre ou maioritariamente: como quedou dito, os paleos son competentes na lingua do país por adquisición desde os primeiros meses de vida, os neos acadan a competencia por aprendizaxe, xa medrados, e esta distinción ten tamén consecuencias no tipo de lingua que empregan uns e outros. Así, os especialistas din que os paleos gañan en fonética e sintaxe, mentres que os neos sobresaen por coidaren a morfoloxía e o léxico ..."

paleos e neos


Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »