A importancia de valorar as diferenzas.
A escola dos animais do educador o Dr. R.H. Reeves
Unha vez,
hai moito tempo, os animais decidiron que tiñan que facer algo heroico para
facer fronte aos problemas do "novo mundo".
Por iso é polo que
decidiron abrir unha escola. Adoptaron un currículo activo cuxas materias
comprendían as de correr, gabear, nadar e voar. Co fin de facer máis
fácil a administración do currículo, decidiuse que todos os animais
deberían por igual tomar todas as materias.
O pato era un
excelente alumno en natación, por certo mellor que o seu mestre, no
entanto, as súas notas en escalada eran apenas de pase e os adiantos que
mostraba en carreiras era moi deficiente. Por mor disto tiña que quedar na
escola despois das horas de clase regulares para practicar na materia de
carreiras e deixar de lado a natación. Así pasou o tempo, até que as súas patas
fóronse magoando, de modo tal que acabou tendo resultados mediocres en
natación tamén. En xeral, a súa media xeral era aceptable, por iso é polo que
ninguén se preocupase por isto, a excepción do pato.
O coello comezou
sendo un dos mellores na materia de carreiras, pero ao pouco tempo tivo un
“shock” nervioso como consecuencia das clases de natación.
O esquío era
excelente en escalada, até que desenvolveu unha frustración grave na clase de
voar, xa que o mestre esixiulle comezar a escalada de abaixo cara arriba no
canto de arriba cara abaixo. Igualmente e como consecuencia do anterior,
desenvolveu unhas dores musculares tales, debidos ao esforzo realizado
que acabou sacando un sete en escalada e un seis en carreiras.
A aguia era o
alumno problema na escola e tívoselle que disciplinar severamente, na
clase de escalada era o mellor de todos, do mesmo xeito que en subir ás
árbores, pero sempre se aferrou en facelo a súa maneira.
Ao final do ano
escolar, unha anguía, que nadaba moi ben e que corría, escalaba e voaba
medianamente foi a que sacou a mellor media e nomeóuselle como o mellor
estudante do ano.
Os cans da
pradaría, non quixeron asistir a esta escola e lanzaron unha queixa en
contra da regulamentación de impostos, xa que as autoridades educativas non querían
incluír no currículo as materias de cavar e facer covas. Eles
encomendaron o ensino dos seus fillos a un teixugo e posteriormente
uníronse coas marmotas e os topos para abrir unha escola privada, a que tivo un
gran éxito.