OSI
Sabes por que é tan importante ter contrasinais robustas? E de facer copias
de seguridade? Gustaríache obter uns consellos para comprar en liña ou sobre
como evitar os programas maliciosos? Pois aterraches na páxina correcta.
Presentámosche a guía de "Privacidade e seguridade en Internet" que
a Axencia
Española de Protección de Datos (AEPD) e a OSI desenvolvemos
para ti.
En concreto, cada ficha expón unha situación que
podería ocorrer a calquera usuario que faga uso de dispositivos electrónicos e se conecte a Internet, co obxectivo de facer reflexionar a este sobre a
problemática de facer ou non facer unha determinada acción. A continuación,
exponse información xeral sobre a temática abordada. Finalmente, cada
ficha facilita unha serie de consellos e recomendacións que axudarán a evitar
os riscos expostos e manterse protexido.