O certame de cine escolar
do Festival Internacional de Cine de Ourense, o OUFF Escola, é unha cita xa
consolidada que chega con excelente saúde á súa VII edición. Disto dan
testemuña os 120 traballos presentados ao concurso, nos que se involucraron
3.400 estudantes de educación infantil, primaria e secundaria.
Aquí podedes gozar de
todos os traballos premiados:
Categoría de infantil
e primaria
1ºPremio
CEIP Plurilingüe Otero Novas pola curta de animación “O mago rosa” (que obtén deste xeito o seu segundo recoñecemento, pois fora tamén distinguida no certame Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística)
“O mago rosa” pode verse directamente neste vídeo da web da CRTVG

2ºPremio
O segundo premio recaeu en “Ranilda”, do CEIP A Lama
O segundo premio recaeu en “Ranilda”, do CEIP A Lama
Mellor guión
CEIP Torre Illa por “A chave dos 6000 presos”.
CEIP Torre Illa por “A chave dos 6000 presos”.
Categoría “Demais
niveis de ensino non universitario”
1º premio
O filme do CPI Virxe da Saleta “Os xeranios do señor Alfonso”.
1º premio
O filme do CPI Virxe da Saleta “Os xeranios do señor Alfonso”.
2º Premio
O segundo premio recaeu no IES Chamoso Lamas polo traballo “Sons do camiño”
O segundo premio recaeu no IES Chamoso Lamas polo traballo “Sons do camiño”
Mellor guión
O CPI Antonio Failde por “O capitán penedo”.
O CPI Antonio Failde por “O capitán penedo”.
Ademais, o xurado decidiu
outorgar mencións especiais aos traballos presentados polos seguintes centros
educativos: CEIP Plurilingüe A Pedra, CEIP Coirón Dena, CEE Vilagarcía de
Arousa e IES do Camiño.
Impulsar o uso da
lingua galega
O certame de cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.

Este certame pretende,
así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos
centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual
feito nas aulas. Esta iniciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva
Europea de Alfabetización Mediática, que procura dar formación á mocidade sobre
o coñecemento e a avaliación do audiovisual.
OUFF Escola está
organizado pola Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística e o Festival
de Cine Internacional de Ourense (OUFF), en colaboración coa Secretaría Xeral
de Política Lingüística.