Ángel Fidalgo
Unha difícil adiviña Que
é aquilo que canto máis se usa máis mellora? que si o dás, non se esgota; que
si se comparte, aumenta e que sabemos que vai cambiar, pero non sabemos nin
cando nin como.
Pois si, falamos do coñecemento, a nosa
materia prima de traballo. Sabemos que
o coñecemento se incrementa cando o creamos e o aplicamos, cando tratamos de que
outros o incrementen e cando o compartimos.
Con todo, e a pesar de todo isto, parte do profesorado trata ao seu
alumnado como mero receptor de coñecemento; tentando que o acumulen e
finalmente o demostren mediante exames memorísticos.
Si sabemos que o coñecemento se debe crear, aplicar, fluír e compartir
Por que non ensinamos ao noso alumnado a conseguilo?
Si non o facemos así, cobra sentido o título deste post “todo o que
aprendiches é inútil si non o usas, e estéril si non o compartes”. Non sei de
onde provén a frase, eu lina no 2012, concretamente o 29 de xullo de 2012.
Utilizábaa Gerardo Varela (México) nun comentario a o post
“Conceptos” e en
resposta a unha alumna que dicía ser brillante.
A frase quedóuseme gravada e creo que expresa máis sobre como
se debe reformar a educación que moitas publicacións e leis educativas.