Vivindo emocións

Artevía


“Vivindo emocións” é unha guía básica para desenvolverse no apaixonante mundo das emocións. Parte dunha premisa clara; as emocións son enerxía humana, por tanto, nin se crean nin se destrúen; só se transforman.

A guía componse do “Manifesto das emocións”, un documento que proporciona unhas pinceladas crave para usar a emoción dun modo efectivo no noso traballo, e mesmo na nosa vida.

E da “Táboa periódica das emocións”, onde se presentan tódalas emocións como elementos químicos. Desde esta táboa podemos elixir as emocións, alterar os seus valores e mesturalas ao noso gusto para xerar interese e empatía. Cada emoción está enlazada a unha páxina web onde se pode ler a súa definición e buscar sinónimos e antónimos.

Animámosvos a usar todas estas ferramentas; a observar, a probar, a distinguir tódalas emocións que se transforman diante dos nosos ollos.
Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »