Webs para aprender máis sobre a diabetes




ENIAC


O 14 de novembro é o día Mundial da Diabetes e por iso desde ENIAC queremos ofrecer unha serie de recursos para coñecer máis sobre esta enfermidade. Tanto si es unha das tantas persoas afectadas por esta enfermidade, coma se queres dar a coñecer aos teus alumnos máis sobre ela aquí tes unha serie de páxinas webs.

A páxina Fundacióndiabetes ten multitude de recursos que van desde entrevistas, infografías, enlaces até consellos. Aquí podemos aprender moito sobre esta enfermidade.

En diabetes-cidi os profesores poden atopar recursos por exemplo vídeos, algúns dos cales están protagonizados por famosos debuxos como Caillou, que serven para explicarlle a diabetes aos máis pequenos; tamén aparecen Apps para os móbiles ou tablets que achegan esta enfermidade a todos de maneira máis fácil e rápida; os libros e cómics tamén teñen o seu oco.

Para ilustrar e explicar nas aulas aos nenos que é a diabetes, como se produce e cal é o tratamento, temos un pdf que se pode descargar e que serve para profesores, pais e nenos.

A Junta de Andalucía ten unha sección chamada Escuela de Pacientes onde aparece información de distintas enfermidades entre elas a Diabetes. Hai vídeos, que é un dos mellores recursos para captar a atención das persoas, guías informativas, enlaces de interese, etc.

Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »