Vídeos que inspiran (e emocionan moito): as reflexións sobre educar de Carles Capdevila





Moitas son as reflexións que nos deixou Carles Capdevila ao longo dos seus catro relatorios nos nosos encontros. E, como homenaxe chea de emoción, tristura e gratitude por habelo coñecido, queremos compartir algunhas delas. Oxalá teñamos sempre moi presente a súa idea de que educar con humor é posible e que, sen angustias, farémolo moito mellor.  Carles dicíanos que “un dos principais problemas que temos os pais hoxe en día é que falamos da educación dos nosos fillos moi preocupados. Tomámonolo moi en serio e iso é moi importante, pero case preferimos estar angustiados que alegres. Cando eduquemos e cando falemos da paternidade e a maternidade creo que é importante que tentemos buscar este sorriso, esta alegría, a espontaneidade, a naturalidade. Que nos levantemos pola mañá dicindo: “Isto é moi difícil pero imos divertirnos”. Nestes vídeos, Carles fala de educar con humor, dos parques, dos profes, do (des)prestixio dos mestres e do xornalismo sobre educación, do papel do pai no parto e até de compresas. 


Gestionando hijos






Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »