Jesús Hernández :: Crea y aprende con Laura
No caso do noso IES, cabe sinalar que temos moitas cuestións
organizativas ao redor do seu uso:
Equipos educativos: supuxo unha comodidade para os titores
(mesmo para os que se mostraban máis reticentes) ao poder obter información
inmediata sobre os seus alumnos sen ter que facilitar o seu número de teléfono
a compañeiros que non desexaban.
Equipos de difusión en redes: cando o centro desexaba
difundir algunha información nas redes, a parte das canles habituais, empregaba
un grupo de voluntarios (docentes, alumnos e familias) que rebotaban as
mensaxes en distintas redes.
Canle de Telegram: o centro posúe unha Canle de Telegram para difundir todo tipo de comunicados coas familias sen necesidade de
facilitar ningún teléfono nin de crear un chat inabarcable no que a información
circula, neste caso, unidireccionalmente, e que serve de complemento á web do centro e ás circulares
informativas en formato tradicional de papel (pretendemos reducilas ao
estritamente necesario).
Grupos de titoría e/ou áreas: os profesores que o desexan
poden crear grupos ou canles cos seus alumnos para a realización de actividades
sen necesidade de facilitarlles o seu teléfono.
Equipo directivo: o grupo directivo do centro comunícase de
maneira inmediata a través dun grupo, o que facilitou a coordinación e
comunicación sen prexuízo doutras maneiras.
Este pasado curso dinamizamos algúns cursos educativos para
docentes a través desta ferramenta que logrou, mediante un bo uso, espertar
grupos e docentes en algo tan complexo como é manter a implicación en cursos a
distancia ao personalizalos.