Visitando museos sen saír da clase


sm conectados


Seguro que se pensas na túa época de estudante no colexio lembras con agarimo a emoción que sentías cando ías de excursión a visitar un museo. Desgraciadamente, estas visitas téñense que circunscribir a unha contorna próxima ao colexio, ou ben ás que se poden realizar durante unha excursión como as das viaxes de fin de curso, polo que é imposible visitar todos os museos que che gustaría coñecer xunto aos teus alumnos.

Grazas ao uso de internet podes facer visitas virtuais coas que ofrecer aos teus alumnos unha experiencia moi realista, con moitas posibilidades, e coa enorme vantaxe de liquidar o problema da distancia. Estes son algúns dos museos que ofrecen esta posibilidade. Se coñeces algún que non apareza na listaxe dinolo nun comentario e engadirémolo a esta listaxe para que todos poidades facer uso del na aula.

Museo sefardí de Toledo
Mediante este enlace poderás visitar as salas, coñecer con gran detalle cada unha das obras que aloxa, adquirir información ampliada sobre elas. Unha visita (virtual) obrigada para coñecer mellor a historia de España.

Museo Sorolla de Madrid
Joaquín Sorolla foi un dos grandes xenios do realismo na pintura española. Con sede en Madrid este museo é unha visita que permite coñecer perfectamente non só a obra deste xenial artista, senón tamén a época na que viviu e as características da obra que creou. Recomendámosvos a visita virtual coa que, seguro, os vosos alumnos aprenderán moitísimo.

Museo de Antropoloxía de Madrid
Este museo ofrece a posibilidade de coñecer como foi o desenvolvemento das civilizacións humanas desde as súas orixes. Grazas á posibilidade de realizar a visita virtual poderedes coñecer as diferentes salas, os obxectos que se atopan nelas, etc.

Museo de Ciencias Naturais

Exposición “Minerais, fósiles e evolución humana” http://mncn.s3.amazonaws.com/mncnexpo/scb/mncnexpoES_standalone.html

Este museo ofrece algunhas pezas que sorprenderán aos teus alumnos, e que lles permitirán coñecer moito mellor os contidos que aprenden en clase. Sen dúbida, unha experiencia da que poderás obter moitísimos beneficios.

Museo Picasso de Málaga
Coñecer a obra dun dos maiores xenios da pintura española é unha materia obrigatoria. Con sede física en Málaga, agora xa non hai escusa para non coñecer o museo e as obras que alberga.

Museo do Prado
O Museo do Prado, con máis de 8000 obras na súa colección permanente, está considerada como a mellor pinacoteca do mundo. Mediante esta visita virtual podras coñecelas todas, obter información complementaria e exploralas cun gran nivel de detalle.

Museo de arte Thyssen-Bornemisza
Con sede en Madrid, case ás portas do Museo do Prado, atopamos outro museo que é visita obrigada para os turistas que visitan a capital de España. Nesta visita virtual poderás coñecer xunto aos teus alumnos a colección permanente, así como as exposicións que organizan ao longo do ano.

Museo Dalí
A obra de Salvador Dalí é un referente para a amantes da arte do século XX. A súa figura segue sendo admirada e a súa obra segue estando á vangarda da arte. Grazas a este enlace podes coñecer o museo que ten sede en Barcelona.

Museo de Louvre
Os expertos coinciden en que a segunda mellor pinacoteca do mundo é o Museo de Louvre en París. A distancia xa non é unha escusa para coñecer as obras que contén.

National Gallery of Art
A terceira mellor pinacoteca do mundo ten que ter un lugar nesta listaxe. Poderás coñecer as obras que alberga con información ampliada (en inglés) para moitas delas.

Museo Británico
O Museo Británico de Londres contén obras dun valor incalculable das máis diversas civilizacións que poboaron a Terra. Unha visita obrigada si pasas uns días en Londres, e agora tamén desde a túa clase xunto aos teus alumnos.

Museo do Holocausto (USA)
A mellor maneira de evitar que se produzan os erros do pasado é ter moi presente a historia que vivimos. Este museo, con sede en Estados Unidos, recolle unha colección permanente que pode visitarse virtualmente e que nos permite pór rostro aos que sufriron a barbarie.

Museo Olímpico
As olimpíadas non son só unha celebración deportiva. Representan a unión dos pobos e a constante superación do ser humano. Nesta visita poderás coñecer os diferentes deportes que forman parte das olimpíadas, poderás ver vídeos e coñecer aos atletas máis destacados ao longo da historia para cada unha das disciplinas.

Museo Exipcio
O museo Exipcio do Cairo recolle obras e información sobre unha das civilizacións que máis admiración causa nos nosos alumnos. Aprovéitache disto e realiza unha visita virtual ás súas salas e ás obras que albergan.

O Vaticano

O Vaticano contén algunhas das obras cume dos maiores xenios do Renacemento. Ademais, o seu valor arquitectónico é dun gran interese, polo que esta visita virtual pode ser unha grande experiencia para os teus alumnos.

Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »