Filósofas




Pizarra con garabatos



O terceiro xoves de novembro celébrase o Día Mundial da Filosofía. Este ano cae en 16, e para celebrar unha data tan necesaria realicei este póster que podedes descargar en alta resolución aquí.

Como podedes ver, a ilustración céntrase nalgunhas filósofas importantes e destacadas. Como sempre, non están todas as que son, pero son todas as que están.

Lembrade que podedes compartir a obra sempre que non sexa para usos comerciais. Utilizádeo a discreción nas vosas aulas. Canto máis compartamos, máis aprenderemos.

ACTUALIZACIÓNS 1.0.
O póster está dispoñible en Inglés, Castellano, Valenciano, Euskera, Francés e Galego.

Corrixíronse erratas, como as datas referentes a Hanna Arendt.

Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »