Para rematar este ano 2018 gustaríame recuperar a reflexión coa que iniciei este curso.
Independentemente das
circunstancias nas que nos atopemos, cando nos preguntamos por onde empezar a
resposta lóxica e inmediata é facelo polo principio. Tódolos seres vivos temos
un principio e un final, aínda que a nosa imaxinación permítenos inverter a
dirección e fantasear con ideas como as de Woody Allen ou Quino de querer vivir a vida ao revés.
Iniciar o camiño da afirmación que leva por título esta reflexión pasa
inexorablemente polo Doutor Anxo Carracedo e a súa
inspiradora conferencia titulada “Diversidade humana e educación”. Entre outras ideas, nela introdúcenos en
como a ciencia explica o que somos como especie;
Ter vida é ter ADN. A mutación xenética aleatoria, azarosa, favorable
ou desfavorable é o motor da nosa evolución. No noso deseño biolóxico temos
que ser distintos para adaptarnos aos
cambios que se producen no mundo. É grazas a aquilo que nos diferenza a uns
dos outros polo que a especie humana puido progresar tanto en tanto pouco
tempo.
Cos actuais avances en xenética, o coñecemento científico explica con enorme precisión que somos o que somos por aquilo que nos diferenza. Ilóxicamente a escola en cambio obviouno. Formounos e continúa a facelo nun sistema que se asemella a unha cadea de produción industrial. A máquina da escola de Francesco Tonucci ou a escolacomo fábrica de Alvin Toffler son exemplo diso.
Fronte a este inmovilismo, educadores como Maria Montessori, John Dewey ou Ken Robinson reclamaron unha aproximación más humana e personalizada do modelo. As contribucións da recente neuroeducación abriron as portas a un mellor coñecemento do proceso de ensino e aprendizaxe onde xenes e ambiente sempre irán da man. A pedagoxía do século XXI continúa crecendo en argumentos e motivos para o cambio, pero con todo seguimos en modo repouso;
O 29 de maio de 2018 Nacións Unidas dá a coñecer
un informe realizado tras unha investigación confidencial que levou a cabo en
2017, na que unha comisión da ONU entrevistouse con diferentes actores do
sistema educativo español. O informe conclúe que o actual modelo no noso país é
excluínte e segregador, ao violar grave ou sistematicamente o dereito á
educación dos estudantes, especialmente para as persoas con discapacidade
intelectual ou do desenvolvemento.
Si a natureza do que somos choca contra a inercia dun sistema que a pesar de innumerables voces de cambio mantívose estático, foi nos últimos trinta anos e da man da ONU, cando vimos observando como tamén os dereitos e deberes que regulan a nosa convivencia e formación non se poden excluír do debate. Coma se dun videoarbitraxe (VAR) se tratase, apareceu un novo axente na escena co obxectivo de minimizar as interpretacións e lograr unha transformación nas políticas e nas prácticas tanto da Administración como dos centros educativos.
O cambio de mirada pasa por unha educación inclusiva por dereito e obligación porque a escolarización nun centro educativo español no ano 2018, aínda non é garantía de recibila. Non nos conformemos con aceptar a inxustiza como algo normal. Non pasemos a páxina sen térmola lida.
Desde aquí convídolle a un exercicio crítico de desaprendizaxe a través das reflexións do Colectivo Orienta, Coral Elizondo, Antonio Márquez ou José Blas entre moitos outros.
Un sistema educativo cun enfoque holístico que nos forma en e para a diversidade conecta coa esencia do que somos. Si a natureza nos quiere diversos, as aulas benefícianse de que teñamos alumnado con diferentes capacidades nelas.
Como especie que nos diferenciamos de tódalas demais pola nosa capacidade de gozar da beleza, coa música das Augas de Março de Tom Jobin e Elis Regina podemos ir pechando o verán e ir dando paso ao comezo dun novo curso co que iniciar un cambio de mirada.