Un rapaz irá a unha aula de educación especial por burlarse de dúas persoas con discapacidade



O acusado gravou no seu instituto a dous compañeiros de aula con limitacións  e distribuíu as imaxes por WhatsApp.




ABC


Agora o diferente vai ser el. Terá que estar nunha aula no que o resto dos alumnos son de educación especial. Esa é a rechamante condena que impuxo o maxistrado Emilio Calatayud, titular do Xulgado de Menores 1 de Granada, a un rapaz que gravou a dous compañeiros discapacitados cos que compartía clase nun instituto da provincia para burlarse deles . Neste sentido, distribuíu as imaxes nun grupo de whatsapp -do que non formaban parte os prexudicados- tras modificalas con comentarios ou sons pretendidamente graciosos.

As vítimas eran alumnos de integración, é dicir , que eran minoría no centro. E ese é precisamente o espírito da sentenza: que o acusado sinta o que é formar parte dunha minoría. Agora tócalle ao procesado porse na pel das persoas que son distintas.

Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »