O Tribunal Superior de Xustiza
fallou en favor da escolarización dunha nena con Trastorno Específico da
Linguaxe nun centro ordinario e na mesma clase que o resto dos nenos.
Down España
Laura deberá estudar na mesma
clase que o resto dos seus compañeiros, a pesar de ter un Transtorno Específico
da Linguaxe (TEL). Así o decidiu a Xustiza, que deu outro paso cara á
educación inclusiva. Laura, de nove anos, fora dirixida a unha aula específica
dentro do seu colexio “que dispón dos recursos para a atención educativa
específica requirida pola menor”, segundo estableceu o centro escolar. Tal e
como ditaminou a sentenza do Tribunal Supremo de Xustiza, esta situación na que
se apartaba á menor era algo que non favorecía a súa inclusión.
Segundo argumentou o xuíz, no
caso de Laura estaba a producirse unha vulneración dos dereitos
fundamentais da menor. A Administración non esgotara “as posibilidades
dunha modalidade máis integradora como a de manter a Laura nunha clase
ordinaria, con medidas ou reforzos externos”. Por
iso, a recente sentenza obriga á Consellería de Educación a garantir que Laura
estude na mesma clase que o resto dos nenos do seu colexio e a dotarlle dos
medios necesarios para iso.
Esta é a primeira vez que un
ditame xudicial avoga pola inclusión efectiva dun alumno con necesidades
educativas especiais dentro dun centro ordinario. Segundo explica a
eldiario.es Carme
Fernández, presidenta da Fundació Gerard, “o máis relevante deste
caso é que conclúe que unha aula específica nun centro ordinario reduce as
posibilidades de inclusión dunha alumna” de apoio á inclusión. “E isto é
fundamental, porque as administracións venden as aulas específicas como
inclusivas”, engade.
Para os pais de Laura, a sentenza
do Tribunal Superior é unha noticia moi positiva. “Estamos moi contentos”,
afirma María, nai de Laura. “Sempre tivemos claro que queriamos a aula
ordinaria. Isto non era unha cuestión educativa ou sanitaria. É un tema social,
queriamos evitar a morte social da miña filla”, explica.
Dereitos da Convención
Para ditar esta
sentenza, o xuíz Andrés
Salas, do xulgado do contencioso administrativo número 1
de Almería, apoiouse na Convención sobre Dereitos das Persoas
con Discapacidade da ONU, que España ratificou en 2007. Este tratado
internacional obriga aos estados asinantes a asegurar a educación
inclusiva das persoas con discapacidade. É dicir, antes de enviar a un alumno a
un centro de educación especial, a Administración deberá esgotar todas as
posibilidades ao seu alcance para garantir a súa inclusión nun centro
ordinario.
O problema, segundo explica
Fernández, é que resulta “moi difícil que a administración acredite que
esgotou todas as posibilidades porque nunca se pon todos os medios posibles“.
A Xustiza aposta pola inclusión
Nos últimos anos, foron varias as
sentenzas que favoreceron a inclusión de nenos con necesidades educativas
especiais en centros ordinarios. Unha das máis destacables é a que se produciu a principios deste mes de xullo. Nela, os xuíces avogaron por defender
o dereito dunha adolescente con discapacidade intelectual a elixir estudar con
ou sen adaptacións curriculares significativas.