De novo, unha sentenza avoga pola educación inclusiva en España

O Tribunal Superior de Xustiza fallou en favor da escolarización dunha nena con Trastorno Específico da Linguaxe nun centro ordinario e na mesma clase que o resto dos nenos.





Down España


Laura deberá estudar na mesma clase que o resto dos seus compañeiros, a pesar de ter un Transtorno Específico da Linguaxe (TEL). Así o  decidiu a Xustiza, que deu outro paso cara á educación inclusiva. Laura, de nove anos, fora dirixida a unha aula específica dentro do seu colexio “que dispón dos recursos para a atención educativa específica requirida pola menor”, segundo estableceu o centro escolar. Tal e como ditaminou a sentenza do Tribunal Supremo de Xustiza, esta situación na que se apartaba á menor era algo que non favorecía a súa inclusión.

Segundo argumentou o xuíz, no caso de Laura estaba a producirse unha vulneración dos dereitos fundamentais da menor.  A Administración non esgotara “as posibilidades dunha modalidade máis integradora como a de manter a Laura nunha clase ordinaria, con medidas ou reforzos externos”. Por iso, a recente sentenza obriga á Consellería de Educación a garantir que Laura estude na mesma clase que o resto dos nenos do seu colexio e a dotarlle dos medios necesarios para iso.

Esta é a primeira vez que un ditame xudicial avoga pola inclusión efectiva dun alumno con necesidades educativas especiais dentro dun centro ordinario.  Segundo explica a eldiario.es Carme Fernández, presidenta da Fundació Gerard, “o máis relevante deste caso é que conclúe que unha aula específica nun centro ordinario reduce as posibilidades de inclusión dunha alumna” de apoio á inclusión. “E isto é fundamental, porque as administracións venden as aulas específicas como inclusivas”, engade.

Para os pais de Laura, a sentenza do Tribunal Superior é unha noticia moi positiva. “Estamos moi contentos”, afirma María, nai de Laura. “Sempre tivemos claro que queriamos a aula ordinaria. Isto non era unha cuestión educativa ou sanitaria. É un tema social, queriamos evitar a morte social da miña filla”, explica.

Dereitos da Convención
Para ditar esta sentenza,  o  xuíz Andrés Salas, do xulgado do contencioso administrativo número 1 de Almería, apoiouse na Convención sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU, que España ratificou en 2007. Este tratado internacional obriga aos estados asinantes a asegurar a educación inclusiva das persoas con discapacidade. É dicir, antes de enviar a un alumno a un centro de educación especial, a Administración deberá esgotar todas as posibilidades ao seu alcance para garantir a súa inclusión nun centro ordinario.

O problema, segundo explica Fernández, é que resulta “moi difícil que a administración acredite que esgotou todas as posibilidades porque nunca se pon todos os medios posibles“.

A Xustiza aposta pola inclusión
Nos últimos anos, foron varias as sentenzas que favoreceron  a inclusión de nenos con necesidades educativas especiais en centros ordinarios. Unha das máis destacables é a que se produciu a principios deste mes de xullo. Nela, os xuíces avogaron por defender o dereito dunha adolescente con discapacidade intelectual a elixir estudar con ou sen adaptacións curriculares significativas.


Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »