José Luis Redondo
En moitas presentacións educativas, especialmente as relacionadas coa
atención á diversidade e a inclusión, sempre podiamos atopar a imaxe superior.
Entendiamos que o problema, é dicir, a discapacidade, tíñaa o alumno/a, por ese
motivo enchíanse toda unha serie de informes psicopedagógicos, adaptacións
curriculares.. que resaltaban e destacaban o que ese alumno/a NON podía facer.
Partiamos dunha imaxe limitante, na que nos nosos proxectos, tarefas ou
actividades bastábanos con incluír un apartado no que se lía atención á
diversidade. Parecíanos que era mais que suficiente.
En primeiro lugar, non se centra no que o alumno/a non pode facer. Crea
unha imaxe positiva do alumnado con NEAE, e preocúpase de descubrir que é o que
si pode facer, non o que o diferencia con respecto aos demais. Non parte
dunha situación limitante.
En segundo lugar, céntrase nas limitacións de currículo educativo, da
metodoloxía, do ambiente de aula e propón alternativas baseada en proporcionar
múltiples formas de representación, acción e expresión, e motivación.
Aí reside a súa xenialidade, é un enfoque que suma, non resta. O problema
reside na barreira. É a barreira a que resalta a (dis)capacidade, por tanto, si a elimiamos todos poden aprender na medida das súas posibilidades e
capacidades.
A súa implantación foi estudada por o CAST, que achegou evidencias sobre a súa
aplicación e funcionamento. Basicamente este enfoque afirma que existen tres
pautas que segue o cerebro cando aprendemos. Esas pautas relaciónanse cuns
principios:
a) os afectivos/emocionais que gardan relación co por que da aprendizaxe.
b) os estratéxicos que se relaciona co como aprendemos, é dicir, coas
metodoloxías, as estratexias, enfoques, tanto do alumnado como do docente.
c) coas formas de representación que se relacionan co que da aprendizaxe, é
dicir, os contidos e como o alumnado pode acceder a eles.
En función destes principios podemos dar múltiples respostas ás necesidades
individuais do noso alumnado.
Que implicacións ten este enfoque? Tal e como sinala David Bueno, moitas veces
os docentes preocupámonos primeiro polo que: o que queremos
que aprendan, que contidos imos primar sobre outros, que tipo de textos imos
usar ou si nos imos a centrar máis no uso de vídeos ou outros medios. Despois
adoitámonos preocupar por como imos ensinar: si imos usar metodoloxías activas
ou non, si imos apostar pola instrución directa, traballar con centros de
interese ou por recunchos. Mesmo algúns nos podemos centrar en ensinarlles
estratexias ao noso alumnado, por exemplo, para memorizar, para sintetizar a
información.
Ao final, centrámonos no por que: preguntándonos como podemos facer
significativo (e memorable) a aprendizaxe dos medios físicos, ou a relevancia
de teorías da física para construír un edificio ou un motor.
Fixádevos ben!, falo de significatividade non de utilidade, por exemplo,
para a miña é inesquecible a miña interpretación do papel de Zapo en Picnic, unha obra de
teatro que narra o sinsentido da guerra. A utilidade do contido non é o
significativo, foi todo o proceso de representación e ensaio, xunto ao apoio
recibido, o que converteu esa obra nunha experiencia memorable para a miña
persoa.
Pola contra, o noso alumnado segue o proceso inverso. O
primeiro que se cuestiona é o sentido e o por que: relaciónao co seu
interese, co ambiente que se crea na aula, con que lle toque ou non a “pataca”,
ou co ben ou mal que lle foi a materia noutros cursos. Despois cuéstionase como
o pode aprender, e que tipo de estratexias pode ou non usar.
É só ao final cando se expón o que. Que para o noso alumnado é a cuestión
menos importante, e con todo, para nós os docentes parece fundamental.
Grazas a este enfoque fun mellorando a miña atención á diversidade. Entre
outras melloras adaptei todos os textos da miña materia segundo os criterios
de Lectura Fácil, creei toda unha serie de actividades adaptadas, que me permitiron alternar traballo individual
con traballo en equipo.
A isto sumouse a opción In Flip . Esta variante do modelo Flipped Learning centra o visionado na aula, así con vídeos
duns 3 minutos traballamos estruturas cooperativas simples como o Mapa
Conceptual a 4 bandas. Esta opción permíteme detectar as lagoas de información
ao instante, e así non discrimino a ninguén por non ter acceso a Internet.
Por último dividín os contidos de materia en tres niveles de dificultade, e
relacioneinas con posibles preguntas seguindo a técnica complexa Ensino
Acelerado por Equipos. Deste xeito conseguín que o meu alumnado saiba que deben
alcanzar o nivel verde como mínimo indispensable, a cor azul como recomendable
e o laranxa como nivel máximo. Esta estrutura de cores non ten por que
correlacionarse cun aprobado ou notable, depende do nivel do que parte o meu
alumnado, de até onde consegue chegar co apoio do seu equipo, e o seu
esforzo persoal
Só o feito de cambiar o enfoque deume unha enorme variedade de ferramentas
e opcións que usar na aula. Si queredes profundar máis neste tema recoméndovos
o blog de Antonio Márquez, un verdadeiro referente neste tema.