Riazor.org
Escoita xa é unha realidade. O
proxecto impulsado por Jesús Suárez, que contou co apoio do Concello da Coruña,
Fundación do Real Club Deportivo, colaboración do ONCE, Colexio Oficial de
Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, Universidade da Coruña e Facultade
de Ciencias da Comunicación empezará a súa andaina este sábado. Trátase dun
proxecto co obxectivo de que as persoas con discapacidade visual poidan gozar
dos eventos deportivos igual que calquera outro espectador.
Durante estes últimos meses
realizáronse varias probas piloto tanto en Riazor como no Palacio dos Deportes. Agora, este
proxecto pioneiro para estadios de fútbol e eventos deportivo en directo,
estrearase o sábado no partido entre Deportivo e UD As Palmas. Un paso máis
para derrubar barreiras e permitir accesibilidade plena.
Como explican desde o propio
Deportivo, mediante “dispositivos PMR (redes de radiocomunicaciones privadas),
e grazas aos locutores de audio descrición que narrarán os partidos desde as
cabinas do Estadio, aqueles deportivistas que sufran problemas de visión
poderán sentir a emoción do partido en igualdade de condicións que o resto de
afeccionados”.
Doutra banda, para solicitar o
uso deste dispositivo hai que enviar un correo a asistide@rcdeportivo.es. Desde
aí xestionarán a entrega e recollida dos dispositivos antes e despois do
partido. O proxecto, ademais de narrar partidos do Deportivo, ampliarase a
outros eventos como os do Liceo ou Básquet Coruña no Palacio dos Deportes de
Riazor. O soño que no seu día tivo Jesús Suárez, este sábado convértese nunha
realidade.