Orienta2 en Nava
Un rico comerciante contratou a
un carpinteiro para restaurar unha antiga casa colonial. Como o comerciante era
desas persoas ás que lles gusta ter todo baixo control e preocupáballe que o
traballo non quedara ben, decidiu pasar un día na casa, para ver como ían as
obras.
Ao final da xornada, deuse conta
de co carpinteiro traballara moito, a pesar de que sufrira varios contratempos.
Para completar o día de mala sorte, o coche tamén se negou a funcionar así que
o empresario ofreceuse para levarlle a casa.
O carpinteiro non falou durante
todo o traxecto, visiblemente enfadado e preocupado por tódolos contratempos
que tivera ao longo do día. Con todo, ao chegar convidou ao comerciante a
coñecer á súa familia e a cear, pero antes de abrir a porta, detívose diante
dunha pequena árbore e acariñou as súas ramas durante poucos minutos.
Cando abriu a porta e entrou na
casa, a transformación era radical: parecía un home feliz. A cea transcorreu
entre risadas e animada conversación. Ao terminar a velada, o carpinteiro
acompañou ao comerciante ao coche. Cando pasaron por diante da árbore, leste
preguntoulle:
- Que ten de especial esa árbore?
Antes de entrar estabas enfadado e preocupado e despois de tocalo eras outro
home.
- Ese é a árbore dos problemas –
respondeulle o carpinteiro. – Son consciente de que non podo evitar os
contratempos no traballo pero non teño por que levarme as preocupacións a casa.
Cando toco as súas ramas, deixo aí as preocupacións e recólloas á mañá
seguinte, cando regreso ao traballo. O interesante é que cada mañá atopo menos
motivos para preocuparme que os que deixei o día antes.
Esa noite, o rico comerciante
aprendeu unha das leccións máis valiosas da súa vida.
A algunhas persoas dános
tranquilidade ter a sensación de que o temos todo, na medida do posible, baixo
control. Todo organizado, ordenado, límpio... Sen deixar nada á improvisación.
Pero todo na vida non é controlable. E en ocasións, é necesario deixarse levar
pola situación e ver que nos depara. O que ocorre é que esa falta de control,
pode levarnos a xerar ansiedade. Por iso é moi importante saber parar, respirar
e aprender a soltar. Deixar ir eses pensamentos que nos provocan malestar e
esgotan as nosas enerxías. Porque nin todo é controlable, nin todo depende de
nós. É moi necesario e sanador nestes días que no noso estado mental, dalgunha
maneira impere o "Principio de á Merda". A min recomendáronmo e doulle moito uso. Si
aínda non o usas, é o momento de empezar. Xa me contarás que tal che resulta o
seu uso.
Déixoche unha ficha moi simple
para reflexionar. Lembra todo chega, todo cambia pero tamén, todo pasa.