Jitsi, videoconferencias educativas seguras a un clic

Como complemento ou alternativa a Webex da Xunta de Galicia



cedec

Que podemos facer con Jitsi?
Jitsi ofrece múltiples potencialidades de uso no ámbito educativo, desde opcións en comunicación con outros docentes (reunións de equipos educativos, coordinación de equipos directivo e outros órganos colexiados no ámbito da organización escolar) e cos alumnos, ofrecendo a posibilidade de impartir clases virtuais, tan importantes e necesarias nestes días de confinamento con motivo do COVID-19.

Entre outros aspectos destacamos:
Establecer unha sesión de videoconferencia cun grupo identificado.
Gravar a sesión.
Ver a todos os participantes na reunión.
Compartir calquera contido de calquera participante co resto (toda a pantalla, unha aplicación en concreto ou, mesmo, unha única pestana do navegador).
Posibilidade de utilizar un Chat entre os participantes.
Solicitar a quenda de palabra levantando a man.
Interesante tamén a opción de compartir un vídeo desde Youtube e velo simultaneamente varias persoas, para poder establecer análises ou debate posterior.
Poder silenciar a quen se incorpora e mesmo a todos os participantes ao mesmo tempo mentres o profesor ou un estudante intervén.
Posibilidade de configurar a calidade da imaxe, alta/media/baixa, ou só audio para garantir a continuidade da sesión, en caso de baixo ancho de banda na conexión.


Como funciona? Teño que instalar algo? Como podo realizar a miña primeira reunión?
O mellor de todo é que non tes que instalar absolutamente nada. Con apenas uns clics podes comezar a túa reunión telemática con Jitsi . 

A secuencia de pasos sería:
Teclea no teu navegador a dirección: https://meet.jit.si
Teclea o nome da sala que desexas crear. (Suxestión: ao crear nome da sala (recomendo nome específico, non demasiado curto e non habitual). Por exemplo, inicialescola curso/grupo palabra especial, e mesmo entrar ti antes de que comece a reunión á sala e establecer contrasinal). 
Pulsar o botón ir… e xa estás dentro.
Copia a dirección, debe ser do tipo: https://meet.jit.si/<NOMEE DA SALA> e compartela vía correo electrónico, plataforma ou mensaxería instantánea cos participantes, ou mesmo engádea ao teu calendario.


Aínda que o seu uso é sinxelo e moi intuitivo, abonda con que crees unha sala e practiques na túa contorna próxima antes de ter a túa primeira reunión con colegas ou estudantes, compartimos o seguinte tutorial, que detalla unha a unha as principais funcionalidades. 

Guía de utilización básica de JITSI para videoconferencia para docentes, elaborada pola Delegación da Reitora para a Universidade Dixital da Universidade de Granada.