A árbore




Orienta2 en Nava


Un rico comerciante contratou a un carpinteiro para restaurar unha antiga casa colonial. Como o comerciante era desas persoas ás que lles gusta ter todo baixo control e preocupáballe que o traballo non quedara ben, decidiu pasar un día na casa, para ver como ían as obras.

Ao final da xornada, deuse conta de co carpinteiro traballara moito, a pesar de que sufrira varios contratempos. Para completar o día de mala sorte, o coche tamén se negou a funcionar así que o empresario ofreceuse para levarlle a casa.

O carpinteiro non falou durante todo o traxecto, visiblemente enfadado e preocupado por tódolos contratempos que tivera ao longo do día. Con todo, ao chegar convidou ao comerciante a coñecer á súa familia e a cear, pero antes de abrir a porta, detívose diante dunha pequena árbore e acariñou as súas ramas durante poucos minutos.

Cando abriu a porta e entrou na casa, a transformación era radical: parecía un home feliz. A cea transcorreu entre risadas e animada conversación. Ao terminar a velada, o carpinteiro acompañou ao comerciante ao coche. Cando pasaron por diante da árbore, leste preguntoulle:

- Que ten de especial esa árbore? Antes de entrar estabas enfadado e preocupado e despois de tocalo eras outro home.

- Ese é a árbore dos problemas – respondeulle o carpinteiro. – Son consciente de que non podo evitar os contratempos no traballo pero non teño por que levarme as preocupacións a casa. Cando toco as súas ramas, deixo aí as preocupacións e recólloas á mañá seguinte, cando regreso ao traballo. O interesante é que cada mañá atopo menos motivos para preocuparme que os que deixei o día antes.

Esa noite, o rico comerciante aprendeu unha das leccións máis valiosas da súa vida.


A algunhas persoas dános tranquilidade ter a sensación de que o temos todo, na medida do posible, baixo control. Todo organizado, ordenado, límpio... Sen deixar nada á improvisación. Pero todo na vida non é controlable. E en ocasións, é necesario deixarse levar pola situación e ver que nos depara. O que ocorre é que esa falta de control, pode levarnos a xerar ansiedade. Por iso é moi importante saber parar, respirar e aprender a soltar. Deixar ir eses pensamentos que nos provocan malestar e esgotan as nosas enerxías. Porque nin todo é controlable, nin todo depende de nós. É moi necesario e sanador nestes días que no noso estado mental, dalgunha maneira impere o "Principio de á Merda". A min recomendáronmo e doulle moito uso. Si aínda non o usas, é o momento de empezar. Xa me contarás que tal che resulta o seu uso.

Déixoche unha ficha moi simple para reflexionar. Lembra todo chega, todo cambia pero tamén, todo pasa.