Orienta2 en Nava
Máis tarde ou máis cedo o tempo de illamento pasará e volveremos á normalidade. Ou poida que non. Quizais a vida aí fóra xa non sexa como a que deixamos. Esperemos que todo sexa para mellor. Pero no momento no que deixemos atrás toda esta situación, seguramente tamén nós experimentariamos cambios. Tantos días de confinamento, de incerteza e preocupación, de convivencia, de falta de actividades rutineiras, de non poder ver aos nosos... Vannos xerando ansiedade e tristeza á maioría á poboación.
Por iso déixovos unha infografía na que podemos ver
representada a teoría do Iceberg de Hemingway, aplicada ao Coronavirus.
Imaxinemos que o comportamento dos nosos fillos pode verse
representado co debuxo dun iceberg. Cando nos centramos no seu comportamento,
quedamos só coa parte que se pode ver; a punta que sobresae por encima da auga.
Pero o iceberg é unha roca de xeo moito máis grande do que podemos ver a
primeira ollada. Debaixo da auga hai moito máis: a súa autoestima, os seus
sentimentos, as súas crenzas, as súas motivacións,...
En canto o estado de alarma se termine, e mesmo desde agora,
podes observar con maior detalle, como se sinte o teu fillo/a para poder axudalo a
tempo. En moitas ocasións unha mala contestación, un deixar de facer, unha
falta de ganas... pode significar moito máis do que creemos.
Todos estes sinais pódennos dar unha indicación de como está
o ánimo nas persoas que nos rodean. Son moitas cousas que podemos facer
sentirnos mellor. Hoxe de deixo unhas cantas, moitas xa as podemos pór en práctica.
Ás veces uno só necesita que se lle ofrezan alternativas para non pensar, para
estar entretido...