Aulas Galegas
Onde podo descargalas?
Premendo nesta ligazón, descargas a AXENDA DIXITAL Aulas Galegas
Premendo nesta ligazón descargas a AXENDA PARA IMPRIMIR en papel.
Se prefires ter o CALENDARIO á man, podes decargarlo tamén con só un clic.
Con que aplicacións podes utilizar a axenda interactiva?
Apps para dispositivos Android: Notes Writer, de balde Noteshelf, de pagamento.
Apps para dispositivos IOS: de balde (Notas e Notes Writer), de pagamento (GoodNotes5 e Notability).
Como funciona a axenda interactiva?
Esta axenda é un PDF interactivo polo que con calquera lector de PDFs poderías utilizar as ligazóns para moverte dunha pestana a outra. Ademais, se utilizas Apps para tomar notas como Goodnotes, Notability, Penultimate ou Notes Writer pódela importar e engadir tantas follas de anotacións como desexes.
Axenda imprimible!
Descarga o documento e antes de imprimir mira as páxinas que realmente che interesan, como verás hai modelos de páxinas qu están pensados para determinados niveis, imprime só as páxinas do teu nivel, do mesmo xeito hai páxinas de notas ou listaxes de cotexo e de alumnado que precisarás imprimir tantas como grupos aos que lles deas clase. Paga a pena que primeiro elixas e te fagas unha composición do material da axenda que vas precisar, por exemplo, se es responsable dunha titoría, etc.