A miña resposta é que si. Pasamos de aprender a ler e escribr en 1º e 2º a enfrontarnos, entre outros, ao temario de Ciencias Sociais ou Ciencias da Natureza en 5º e 6º . Unha chea de estándares de aprendizaxe, polo menos este curso, cunha carga horaria que se queda pequena á que se lle engadimos o programa E-Dixgal, a dificultade está asegurada.
Nesta etapa non dipoñemos dunha regulación na distribución horaria onde atopar unha sesión de titoría na que encaixar o; como aprender a estudar. A pesar disto, abordar esta cuestión antes do tránsito á Educación Secundaria Obrigatoria antóllaseme fundamental.
Para aquelas e aqueles que dentro do voso horario facedes unha aposta por aprender a estudar, velaí vai unha escolma que, agardo, vos poida ser de utilidade.