O mestre que lles ensina xogando, xoga a ensinar

 

Daniel Lobo

Arabesco Pedagógico (1913) 

“Hai unha certa pedagoxía que foxe das dificultades, foxe do verdadeiro traballo, foxe da austeridade. Parece que nos asusta ensinar aos nenos todo o duro, todo o recio que é o traballo. E de aí  naceu o de que aprendan xogando, que acaba sempre en que xogan a aprender. E o mestre mesmo que lles ensina xogando, xoga a ensinar. E nin el en rigor ensina, nin eles en rigor aprenden nada que o valla. E logo, non esqueza vostede que importa máis o que se ha de ensinar e aprender que o modo de aprendelo . Non fagamos da Ciencia un mero medio para aplicar pedagoxía”. 

Publicado orixinalmente en Los lunes de “El imparcial”, Madrid, 17 de noviembre de 1913. Miguel de Unamuno, OC VIII “Inquietudes y meditaciones”, Escelicer, p. 550

Miguel de Unamuno e a educación


Os profesores que falan de motivación, ou de que a aprendizaxe é un xogo, están equivocados de arriba abaixo, pero é de pensar que na súa inmensa maioría actúan de boa fe. Con todo, hai algunha excepción que urxe sinalar. A do profesor que predica un ensino liberador e lúdico, sen medo ás malas notas porque as notas non son tan importantes, pero ao seu propio fillo lévao a un colexio privado e sométeo á mesma disciplina da que el exime aos seus alumnos. Ignoro a razón desta maneira de actuar, pero por cada mozo inxenuo que se crea o seu discurso liberador haberá un competidor menos para o seu fillo. Coñecín a un colega convencido de que o seu labor era o de facer felices aos alumnos e non agonialos con exames e cualificacións. Pero cando o seu fillo fraqueaba nunha materia poñíalle un profesor particular. E é de supoñer que este profesor particular atendíao a horas fixas, acordadas de antemán, e non cando coincidía que o raparigo se levantaba motivado. Non era nada parvo este colega meu.

Ricardo Moreno Castillo :: Panfleto antipedagógico