Seguindo as orientacións de AXDIAL á hora de elaborar mapas mentais para alumnado con dislexia, no noso centro comezamos a probar a ferramenta gratuíta de creación de mapas mentais de ExamTime.
ExamTime - Crea Mapas Mentales Online
As primeiras impresións son moi satisfactorias; ferramenta intuitiva, cómoda, animación inmediata e coa posibilidade de compartir en diferentes soportes. O único que botamos en falta para o alumnado con dislexia é a posibilidade de exportar a animación en formato video para unha maior autonomía e repetición á hora de repasar os contidos a desenvolver sen depender da rede.
Compartimos e recomendamos o uso desta ferramenta para alumnado, profesorado e familias.
Compartimos e recomendamos o uso desta ferramenta para alumnado, profesorado e familias.