Botóns
A Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización
Lingüística da Universidade da Coruña difunden en colaboración co CSIC este
material.
O calendario recolle un aniversario científico ou tecnolóxico, como por
exemplo o nacemento de persoeiros que traballaron nestes ámbitos ou a
conmemoración de achegas destacables neles.
Está dirixido principalmente ao alumnado de educación primaria e secundaria
obrigatoria polo que se acompaña dunha guía didáctica con orientacións para o
seu aproveitamento educativo transversal nas aulas que se pode consultar nesta
ligazón: http://www.igm.ule-csic.es/calendario-cientifico.
Esta guía parte dos principios de inclusión, normalización e equidade, alén
de responder a pautas xerais de accesibilidade. Tanto o calendario como a guía
están dispoñibles en aberto para a súa descarga gratuíta.
A iniciativa enmárcase nun proxecto da Fundación Española para a Ciencia e
a Tecnoloxía (FECYT) que ten como obxectivo contribuír a fomentar a cultura
científica entre a xuventude e crear referentes que lle resulten próximos, así
como promover as vocacións científico-técnicas, usando unha linguaxe non
sexista, e aumentar a visibilidade das mulleres científicas e tecnólogas.