Giulio Cesare Giacobbe
A neurosis que hoxe afecta á maioría da poboación aláganos de medos e angustias que non nos permiten gozar da vida e das relacións cos demais. Se nos ensinan a controlar o pensamento neurótico e, aos poucos, volvemos á realidade, saberemos como eliminar esas inútiles pallas mentais que nos impiden alcanzar o equilibrio e sentirnos a gusto connosco mesmos:
- As pallas mentais prodúcense elas soas.
- O pensamento, moi frecuentemente, é unha palla mental.
- O pensamento orixinado por problemas imaxinarios é a máis maligna das pallas mentais.
Un pequeno gran libro, de moito éxito en varios países, que nos ofrece distintas técnicas para lograr este obxectivo. Unha delas é, sen dúbida, aprender a rirnos.